Campos da papoulas no Día escolar da Nonviolencia e a Paz

noticia 120

O pasado 30 de xaneiro, co gallo do Día Escolar da Nonviolencia e a Paz, os centros participantes do proxectos Escolas Sen Racismo enchéronse de papoulas!

O Día Escolar da Nonviolencia e a Paz (DENIP) é unha xornada escolar non gobernamental fundada no 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal para promover unha educación nonviolenta, pacificadora e pacificante de carácter permanente. A elección da data está vencellada ao aniversario da morte de Gandhi que representa a principal figura da resistencia pacífica.

Dando continuidade á proposta das grúas de papel do curso pasado vencelladas ao conto “Sadako e as mil grúas de papel”, para este curso seguimos ampliando as metáforas e simboloxías arredor da cultura de paz. Así pois, este curso 2025/2026 serán as papoulas vermellas.

A idea das papoulas xorde como símbolo pacifista despois da I Guerra Mundial. Durante esta contenda bélica, os campos de Francia e Bélxica quedaron arrasados. Foi precisamente alí, despois dunha batalla nos campos de Flandes onde brotaron miles de papoulas xa que as sementes poden permanecer latentes e viables baixo terra durante máis de 100 anos, só precisan luz e chan removido. Ese contraste entre a destrución e a floración espontánea inspirou ao médico militar John McCrae a escribir o poema “In Flanders Fields” en 1915. O poema fíxose popular e en 1921 a organización británica “Royal British Legion” decidiu empregar as papoulas para conmemorar aos soldados caídos. Así naceu a tradición do “Poppy Appeal” e, dende entón, a red poppy – a papoula vermella – converteuse nun emblema de recordo e do pacifismo.

 

Días previos ao 30 de xaneiro, durante as titorías fíxose unha choiva de ideas sobre conceptos ou ideas que se lles veñen á cabeza cando escoitan guerra, violencia, conflito, discriminación ou exclusión. Estas palabras foron colocadas nun lugar visíbel que logo foron cubertas coas papoulas elaboradas polo alumnado dos catro centros participantes: IES Antón Losada Diéguez da Estrada, IES Chano Piñeiro de Forcarei, IES Xulián Magariños de Negreira e o IES de Brión. O propio 30 de xaneiro leuse un manifesto que enfatizaba que as papoulas vermellas convídannos a mirar o pasado con respecto e sensibilidade convertendo a memoria nun acto de xustiza, mais tamén a soñar un futuro diferente. Así, as papoulas deixan de ser só unha flor para converterse nun símbolo vivo. Un símbolo que nos lembra que a paz non é só ausencia de guerra senón unha tarefa diaria que require do recoñecemento da dignidade de todas as persoas, da empatía, do diálogo e do compromiso coa xustiza. Alí onde medra unha papoula, pode medrar tamén a vontade de coidar a vida e de construír un mundo máis xusto e pacífico.

Traballar a prol da cultura de paz significa fomentar o pensamento crítico, preguntarnos por que se producen as guerras, quen sofre as súas consecuencias e que papel podemos xogar como cidadáns e cidadás para evitar seguir reproducindo violencias. Tamén implica sementar valores como a solidariedade, a cooperación e o respecto pola diversidade. Significa aprender a resolver conflitos sen violencia, escoitar con atención e actuar con responsabilidade, pois igual que as papoulas precisan coidado para florecer, a paz precisa educación, constancia e participación.

 

"Que as papoulas vermellas sexan un recordatorio permanente: cada xesto amable, cada palabra respectuosa e cada acción solidaria é unha semente que contribúe a construír un mundo máis xusto e pacífico. Que florezan pois, papoulas de diálogo, comprensión e esperanza en cada aula, en cada recuncho de centro e en cada corazón!"

Xa temos a versión en galego do recurso lúdico-educativo de ACPP "En busca do desenvolvemento" 🌎🌍🌏

noticia 119

O xogo “En busca do desenvolvemento” é un recurso propio de ACPP que ten como obxectivo principal que as persoas que participan comprendan os procesos de desenvolvemento global e as variables que están implicadas no mesmo, empregando unha metodoloxía participativa para convidar a reflexionar sobre estes complexos procesos de maneira práctica e lúdica.

Ao falar de desenvolvemento, os países empobrecidos vense afectados negativamente pola inequidade das relacións políticas e comerciais entre o Sur e o Norte global polo que a consecución dun mundo máis equitativo e xusto é tarefa de todas as persoas.

Conscientes da complexidade desta temática – variables que interveñen no proceso, diferencia Sur-Norte global, relacións internacionais, etc – proponse unha metodoloxía participativa que promove a reflexión práctica e, ao mesmo tempo, lúdica. Así pois, o xogo propón unha simulación no que cada grupo é unha rexión do mundo que ten como obxectivo conseguir o desenvolvemento. Outros obxectivos do xogo son:

  • Coñecer e comprender as diferencias Sur-Norte global respecto ao desenvolvemento global, manexando conceptos relacionados co tema.
  • Comprender as transaccións internacionais e as súas consecuencias sobre o desenvolvemento dos países.
  • Sensibilizar ás persoas participantes sobre a situación de desvantaxe das rexións en vías de desenvolvemento respecto ás rexións desenvolvidas.

De maneira concreta, En busca do desenvolvemento é un xogo de estratexia onde as persoas participantes se distribúen en seis países ou rexións do mundo: Estados Unidos, Unión Europea, África subsahariana, Oriente Medio, América Latina e Asia. O Banco Mundial será o coordinador das operacións e moderador das relacións internacionais. Ao longo do xogo, os equipos participantes deben relacionarse uns con outros por medio de transaccións para conseguir o seu obxectivo: o desenvolvemento. Para iso, deberán conservar ou aumentar o seu nivel de desenvolvemento mediante os indicadores que compoñen o índice de desenvolvemento: saúde, educación, seguridade alimentaria, medio ambiente, tecnoloxía e paz. Tamén intercambiando bens de mercado, axuda humanitaria, etc. Poderanse pensar alianzas entre países, solicitar préstamos ao Banco Mundial, facer fronte a catástrofes naturais e as súas consecuencias, etc. Ao finalizar o xogo, cada equipo realizará unha avaliación do estado que alcanzou, analizando as variables e toma de decisións que afectaron o seu proceso ademais de debater sobre o propio concepto de “desenvolvemento”.

Este recurso non é actual senón que xa se dispoñía del en ACPP pero en xuño de 2025 realizouse un proceso de revisión tanto de contido como de imaxe gráfica e visual do xogo.

Considérase un recurso moi pertinente dado que responde a unha das necesidades expresadas polo alumnado na sesión de avaliación do anterior curso xa que manifestaron que querían coñecer máis sobre o “sistema mundo” e entender mellor as cousas. Ademais tamén existe unha experiencia previa na delegación de ACPP Galicia de adaptar un recurso propio de ACPP, tamén un xogo. 

Este recurso pretende achegar as complexas dinámicas globais que derivan en estruturas de desigualdade. Comprender para logo actuar!

Proxectos de Investigación e Acción Social

noticia 111

Por comunidades educativas de Málaga e Sevilla

No marco do proxecto "Escolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento: Reforzando as Redes Transformadoras das Comunidades Educativas" financiado pola Axencia Andaluza de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento (AACID), durante o curso educativo 2021/2022 realizáronse formacións con alumnado e profesorado ao redor da economía dos coidados e os Dereitos de nenas e mulleres.

Nestas sesións, traballouse a análise e promoción do pensamento crítico desde as primeiras etapas educativas, traballando conceptos como os Dereitos Humanos, a Cooperación Internacional e a Perspectiva de Xénero. Realizando un achegamento cara a problemas globais; coa implicación transfronteiriza da Asociación AHLAM de Tánxer e o propio alumnado e promovendo a análise e coñecemento da realidade local, que entre todos e todas conformamos, o alumnado liderou proxectos de investigación, sensibilización e promoción do cambio.

Desde o IES Diamantino García Acosta e o CEIP Adriano del Valle de Sevilla, alumnado e profesorado traballaron para a realización dunha campaña de sensibilización que foi exposta e difundida o 8 de Marzo. Ademais, un alumno e unha alumna do IES Diamantino, tomaron voz na marcha lendo o manifesto pola igualdade entre os Dereitos de Homes e Mulleres que previamente, entre todos/as escribiran. Tamén, desde o CEIP Esperanza Aponte, analizando co alumnado de 4º de primaria Que é a Paz, e como podemos cooperar para alcanzala a través do conto "As Olimpíadas dos Animais"; ferramenta que permite achegar a realidade do conflito que acontece en moitos países a nenos/as dunha forma didáctica e asertiva. Coa axuda do profesorado, crearon murais pola Paz, que perduraron nas súas aulas como recordatorio do importante que é fomentar e coidar os espazos de paz e a convivencia entre todas/os. Ademais, o IES Torrijos puido analizar coa Federación de Planificación Familiar de Málaga (SEDRA) a economía de coidados, e que podemos facer de maneira local para favorecer a corresponsabilidade e o trato igualitario cara a homes e mulleres.

Campaña de Sensibilización sobre os Dereitos das Mulleres

noticia 112

polo IES Diamantino García Acosta e asociación AHLAM de Tánxer

No marco do proxecto "Escolas sen racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento: Reforzando as Redes Transformadoras das Comunidades Educativas" financiado pola Axencia Andaluza de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento, o IES Diamantino García Acosta colaborou coa asociación AHLAM de Tánxer nun proceso de investigación e acción comunitaria.

Traballando e profundando no coñecemento e traballo polos Dereitos Humanos desde o ámbito da cooperación internacional, grazas á implicación da comunidade educativa, e á información e experiencia achegada pola organización de sociedade Civil tanxerina AHLAM, o alumnado propuxo deseñar e levar a cabo unha campaña de sensibilización, a través das redes sociais que consistía en convidar a realizar un "challenge" ou reto. Nestes vídeos, o alumnado de 3º de Educación para o Desenvolvemento, ofrece un dato estatístico que previamente investigaron, e utiliza un lazo violeta en sinal de compromiso e sensibilización coa realidade que afrontan mulleres de países do sur, e convidando finalmente a seguir esta cadea e continuar coa difusión destes datos e mensaxe.

Sen dúbida, o traballo en rede realizado con asociacións do Sur desde as comunidades educativas son necesarios e oportunidades de afrontar a resolución de problemas desde un enfoque baseado nos Dereitos Humanos, cunha perspectiva desde o global a local.

Campaña de Sensibilización sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable

noticia 107

polo CEIP Ardira de Málaga

"A paz non só consiste en pór fin á violencia ou á guerra, senón a todos os demais factores que ameazan a paz, como a discriminación, a desigualdade, a pobreza." Aunf San Suu Kyi.

Sen dúbida ningunha, o curso escolar 2021 - 2022 vai estar marcado por servir de transición desde unha pandemia restritiva nas aulas, cara á aprendizaxe e convivencia nunha "nova normalidade" que nos afecta a todas e a todos. Durante este curso, tivemos a oportunidade de dar continuidade ao programa "Escolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o Desenvolvemento" en centros malagueños, logrando responder e atender as novas necesidades e frontes manifestadas após a COVID-19.

No marco do proxecto "ESR, EPD: ODS: Comunicación non violenta e resolución Positiva do Conflito en Tempos de COVID-19" financiado polo Concello de Málaga na convocatoria de 2021, levouse a cabo un obradoiro formativo co alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Ardira sobre Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e comunicación audiovisual. O principal obxectivo destas dúas sesións, era dotar o alumnado de coñecemento e promover o interese sobre os ODS, así como utilizar as técnicas de comunicación audiovisual como ferramenta de traballo na aula. Desta maneira, as propias alumnas e alumnos convertéronse en protagonistas e propulsores dunha campaña de sensibilización difundida na súa propia comunidade educativa, creando seis videocreacións onde convidan a reflexionar e pensar acerca de que podemos facer para erradicar a pobreza (ODS 1), a importancia da saúde e o benestar accesible para todas e todos (ODS 3), a posibilidade de gozar dunha educación de calidade (ODS 4), ou o grande traballo que debemos desenvolver pola igualdade de xénero (ODS 5) ou a redución das desigualdades e discriminación nas nosas sociedades (ODS 10).

A través de técnicas narrativas audiovisuais, traballo en equipo e o traballo crucial das docentes, lógrase dotar de protagonismo e acción as alumnas/os que toman as rendas do cambio, propondo, pensando e tomando conciencia das metas que xuntas debemos alcanzar.

Comunicación non Violenta como Ferramenta de Xestión das Emocións e Resolución de Conflitos

noticia 108

Para profesorado e ANPA de comunidades educativas Malagueñas

"A violencia é a expresión tráxica de necesidades non satisfeitas. é a manifestación da impotencia e/o da desesperación de alguén que se atopa desprotexido que pensa que as súas palabras non bastan para facerse entender. Entón ataca, grita, agride..." Marshall B. Rosemberg.

A comunicación é a materialización de emocións, sentimentos e necesidades por excelencia do ser humano. Desde os procesos psicolóxicos primarios que efectuamos no noso desenvolvemento inicial, a nosa xestión emocional está intensamente ligada a como as manifestamos, xestionamos e interiorizamos. A educación emocional é canto menos un proceso extenso, rigoroso e que require implicación e sacrificio por parte dos e das docentes, nais e pais, sumándose a isto, as mudanzas sociais que estamos a presenciar pola COVID-19 e un novo mundo de socialización a través das redes sociais.

Como parte do proxecto "ESR, EDP: ODS, Comunicación non Violenta e Resolución Positiva do Conflito" financiado polo Concello de Málaga na convocatoria de 2021, leváronse a cabo dúas sesións de traballo con profesorado, nais e pais do CEIP Ardira e CEIP Luis Buñuel, ambos de Málaga. Nestas sesións, tivemos a oportunidade de abordar conceptos relacionados coa Comunicación non Violenta, e a importancia de familia e docentes como modelos de condutas. Isto é unha grande influencia para os/as máis novos, atendendo a como o uso das pantallas poden ser nexos  ou obstáculos na vida familiar, sumándose medos e preocupacións ao redor dos pais e nais, sobre como usan e que consomen os seus fillos/as na internet, e como lles inflúe. Durante estas sesións, logramos pórnos no papel dos adolescentes, que se enfrontan a unha grande cantidade de información que é difícil xestionar, sendo necesario un control parental, que estableza guías e pautas de selección. Así, enlazamos coa resolución de conflitos no fogar e na aula, e que ferramentas poden axudarnos coa correcta xestión de emocións.

Como conclusión destas xornadas, extraemos saberes, aprendizaxes e leccións compartidas que nos convidan a reformularnos a importancia de traballar internamente, tomando responsabilidade ao ser modelos de conduta dos/as máis novos.

Sesión de Convivencia y Prácticas Restaurativas

noticia 109

por docentes de Málaga

Azul coma o Ceo, Amarela coma o Sol

noticia 110

Conto e guía didáctica

Desde o equipo de ACPP Andalucía, desenvolvemos na cidade de Málaga o proxecto "ESR, EPD: ODS, Comunicación non Violenta e Resolución Positiva do Conflito en Tempos de COVID-19" financiado polo Concello de Málaga na convocatoria de 2021. Este proxecto busca acompañar ao profesorado e reforzar as competencias pedagóxicas en materia de pensamento crítico e dilemas morais, así como convivencia en materia de multiculturalidade, igualdade, xustiza e solidariedade. Para iso, distribuíu no CEIP Ardira e CEIP Luís Buñuel de Málaga o conto e guía didáctica "Azul coma o Ceo, Amarela coma o Sol".

Este conto está dirixido ao alumnado do primeiro ciclo de educación primaria. Está composto por un conto infantil, e unha guía didáctica chea de recursos orientados a favorecer a reflexión, o debate, a empatía, a aprendizaxe dialóxica e o pensamento crítico entre as nenas e os nenos que adquiren habilidades para desenvolveren unha convivencia positiva na aula.

Grazas a este proxecto e ao compromiso e vocación de docentes pertencentes á rede de ESR, EPD, conséguese traballar a tolerancia e os prexuízos mediante dilemas morais facilitando a mellora da convivencia social e escolar. A escola, convértese no lugar ideal para a promoción do pensamento crítico, así como coñecer e aprender a respectar as diferenzas e diversidade que xuntas conformamos no mundo.

Videoforo Muller no Sur no IES Severo Ochoa

noticia 106

Hoxe luns, 24 de maio estaremos no IES Severo Ochoa de San Juan de Aznalfarache (Sevilla) realizando o videoforo sobre ''Muller no Sur'' reflexionaremos sobre fendas de xénero, desigualdade, empoderamento, relacións norte-sur...

Obradoiro: "Aforra na factura da luz" dentro do ciclo "Mellora o barrio coa túa enerxía"

noticia 100

San Juan de Aznalfarache

A #enerxía #eléctrica está a converterse nun recurso caro. Que pagamos na nosa factura? Como podemos optimizar e reducir gasto? Se melloramos os nosos hábitos de consumo contribuímos contra o #cambioclimático 🥵
⏰ Cando? Mércores 12 de maio ás 17.30h
📩 Onde? Pasaje Francisco Martínez Martín. Barrio de La Cooperativa, San Juan de Aznalfarache (Sevilla)
#BarriosConvivenciais ante a Emerxencia Climática e Social.
Un proxecto impulsado por Cotidiana Sca Asemblea de Cooperación Por la Paz (ACPP), Concello de San Juan de Aznalfarache e CAIS Consorcio Andaluz de Impulso Social
Grazas ao apoio da Fundación Daniel y Nina Carasso pertencente á Fundation de France.

Obradoiros "Escolas Sen Racismo, Educación para o Desenvolvemento: Diversidade e Transformación positiva do conflito"

noticia 101

IES Ben Gabirol

No ciclo de actividades ao redor do 8M no IES Ben Gabirol traballamos con alumnado de 3º e 4º de ESO a violencia machista e o fomento das relacións sas e igualitarias na adolescencia a través do teatro. Os obradoiros están enmarcados no proxecto “Escolas Sen Racismo, Educación para o Desenvolvemento: Diversidade e Transformación positiva do conflito e financiado pola área de Participación Cidadá, Inmigración e Cooperación ao Desenvolvemento do Concello de Málaga . Moitas grazas pola experiencia e a aprendizaxe que levamos connosco.

Obradoiro en La Rinconada de Economía Social e Solidaria

noticia 102

IES Antonio De Ulloa

O pasado martes, estivemos en La Rinconada con parte do alumnado do IES Antonio De Ulloa cun obradoiro de Economía Social e Solidaria que ten como obxectivo coñecer “unha economía para a vida”. Este proxecto, “ESR, EPD: Novos modelos de desenvolvemento na construción dunha escola pública máis igualitaria, solidaria e participativa”, financiado por Axencia Andaluza de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, permite pór en práctica habilidades relacionadas coa economía como ferramenta de cambio.
Ulloacoin xa é unha realidade!

Exposición ''Dignidade ante a Adversidade'' no Aljarafe

noticia 103

IES Juan de Mairena

Comezamos o ano no IES Juan de Mairena, no noso querido Aljarafe, coa exposición ''Dignidade ante a Adversidade'', na que se mostra o día a día da poboación Siria con Diversidade Funcional que vive en campos de refuxiados en Xordania. A exposición vai acompañada dun dossier que recolle as experiencias de vida e testemuños das persoas protagonistas das fotos. Esta actividade está enmarcada no proxecto ''Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento, unha rede de escolas e barrios polos dereitos humanos'', financiado por Axencia Andaluza de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento

A exposición será visitada polo alumnado do IES até o próximo 2 de febreiro de 2021.

Segunda sesión de Teatro Foro

noticia 104

CEIP Luis Buñuel

Ás portas do nadal, pechamos o trimestre educativo no CEIP Luis Buñuel coa segunda sesión de Teatro Foro. Hoxe é un día especial para ACPP “Día Internacional das persoa migrantes” e nesta sesión conmemoramos a decisión valente dos 272 millóns de persoas que tiveron que migrar das súas cidades e países para comezaren unha nova vida en busca da súa felicidade e a das súas familias. Aprendemos, bailamos, creamos, traballamos, cantamos, xogamos e vivimos xuntos e xuntas. Este é o significado deste día e querémolos compartir convosco.
Estes obradoiros están enmarcados no proxecto “Escolas Sen Racismo, Educación para o Desenvolvemento: Diversidade e Transformación positiva do conflito e financiado pola área de Participación Cidadá, Inmigración e Cooperación ao Desenvolvemento do Concello de Málaga.
Felices festas!
Grazas ao CEIP Luis Buñuel, pola experiencia tan bonita e enriquecedora.
Concello de Málaga @area de participacion cidadá, inmigración e Cooperación ao Desenvolvemento do Concello de Málaga Ceip Luis Buñuel

Exposición fotográfica ''Dignidade ante a Adversidade'

noticia 105

IES Antonio Ulloa

Hoxe estamos no ''IES Antonio Ulloa'' de La Rinconada, recollendo a exposición fotográfica ''Dignidade ante a Adversidade'', na que se mostra o día a día da poboación Siria con discapacidade que vive en campos de refuxiados en Xordania. A exposición vai acompañada dun dossier que recolle as experiencias de vida e testemuños das persoas protagonistas das fotos. Esta actividade está enmarcada no proxecto ''Escolas sen racismo, escolas para a paz e o desenvolvemento, unha rede de escolas e barrios polos dereitos humanos'', financiado pola Axencia Andaluza de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento